Internet Explorer

Internet Explorer de Windows (versión 6 ou superior)

Nota: se desexas descargar a versión en galego do navegador Internet Explorer, podes facelo a través desta ligazón.

Para estableceres o galego como lingua do navegador Internet Explorer, debes seguir estes pasos:

  1. Na barra de menús debes premer Ferramentas e depois Opcións de Internet
  2. Aparecerá unha xanela de diálogo con diferentes opcións e separadores. Entre estes últimos deberás escoller Xeral. Ao premeres Xeral, abrirase unha xanela e na parte inferior desta, preme o botón Linguas.
  3. Se o galego non está entre as diferentes linguas que aparecen, deberás procurala na listaxe despregábel e, posteriomente, premer o botón Engadir.

  4. Despois de seguires estes pasos, xa estás disposto para dicirlle ao mundo enteiro que falas galego!.