Chrome

Chrome de Google

Nota: por desgraza, aínda non existe unha tradución do Chrome ao galego.

Para estableceres o galego como lingua do navegador Chrome debes seguir estes pasos:

  1. Na barra superior debes premer o botón que ten forma de Ferramenta e depois Opcións:
  2. Aparecerá unha xanela de diálogo con diferentes opcións e separadores. Entre estes últimos deberás escoller o separador Especificacións. Ao premeres Especificacións abrirase unha xanela con diferentes partes. Na parte media, terás que ir á sección Fontes e idiomas e premer o botón Cambiar a configuración de fontes e idiomas.
  3. Na xanela que se abre, tes que ir ao separador Idiomas. Se no cadro de texto non aparece o galego, terás que premer o botón Engadir.
  4. Na xanela que aparece, terás de buscar o galego na listaxe despregábel e subido até que sexa o primeiro da lista.
  5. Despois de seguires estes pasos, xa estás disposto para dicirlle ao mundo enteiro que falas galego!.