Opera

Opera (versión 10 ou superior)

Nota: se desexas descargar a versión en galego do navegador Opera, podes facelo a través desta ligazón.

Para estableceres o galego como lingua do navegador Opera, debes seguir estes pasos:

  1. Na barra de menús debes premer Ferramentas e despois Opcións
  2. Aparecerá unha xanela de diálogo con diferentes opcións e separadores. Entre estes últimos deberás premer Xeral
  3. Na parte inferior da xanela Xeral, aparecerá un cadro onde pon Idioma preferente para o Opera e páxinas web.. Nesta sección, podes elixir o galego na listaxe despregábel.
  4. Se, pola contra, non aparece o galego como opción na listaxe, debes premer o botón Detalles. Ao premeres este botón, aparecerá unha outra xanela onde deberas escoller o galego a través do botón Engadir que está na parte dereita.
  5. Logo de buscares o galego, terás que subilo para que sexa a primeira opción.
  6. Despois de seguires estes pasos, xa estás disposto para dicirlle ao mundo enteiro que falas galego!.