Firefox

Firefox (versión 3 ou superior)

Nota: se desexas descargar a versión en galego do navegador Firefox, podes facelo a través desta ligazón.

Para estableceres o galego como lingua do navegador, debes seguir estes pasos:

  1. Na barra de menús debes premer Editar e despois Preferencias
  2. Aparecerá unha xanela de diálogo con diferentes opcións e separadores. Entre estes últimos deberás premer Contido
  3. Na parte inferior da xanela Contido, aparecerá un cadro onde pon Idiomas. Escolla o seu idioma preferido para mostrar as páxinas.. Nesta sección, deberás premer o botón Escoller.
  4. Ao premeres este botón, aparecerá unha outra xanela onde deberas escoller o galego. Se aparece a opción Galego [gl], só terás que subila para que sexa a primeira opción.

    Se, pola contra, non aparece entre os idiomas por defecto, deberás engadilo a través do botón Seleccione un idioma para engadilo.

  5. Despois de seguires estes pasos, xa estás disposto para dicirlle ao mundo enteiro que falas galego!.