sitelogo
  • Inicio
  • Internet Explorer
  • Firefox
  • Opera
  • Chrome
  • Safari
  • Navega!
  • Pon o bánner

Novas de lingua

Lista de ligazóns (blogroll)

  • SNL Cerceda
10
set

Inicio

Publicado por: SNL Cerceda
en Navega en galego!

Que o navegador fale por ti. Navega en galego

A pesar de que poidas ter unha versión traducida ao galego do teu navegador, isto non implica necesariamente que estea configurado para navegar na nosa lingua. Tanto o máis importante que o propio menú é a lingua en que está configurado para navegar a través da rede: sen o saberes, estás a dar a coñecer a túa prefencia lingüística aos xestores de contidos.

Por que é importante?

Navegar en galego é importante por varios motivos:

  • Ao entrares nunha páxina web que teña tradución a diferentes linguas, a páxina verase na que teñas establecida como predefinida. Nalgunhas poderás mudar de idioma, mentres que noutras non che ofrecerán esta posibilidade. Se tes configurado o navegador para empregares o galego como primeira opción, verás a páxina neste idioma se ten tradución e sen necesidade de mudar a opción.
  • Se precisas descargar un programa que ten múltiplas traducións, este baixarase na versión de idioma que teñas establecido como predefinido. Así, se tes o galego como primeira opción, o programa descargarase na nosa lingua, sen necesidade de procurares posteriormente outra versión.
  • Ademais, nalgunhas páxinas fica constancia do navegador que estás a empregar e a túa lingua de navegación. Ao pores o galego como idioma predefinido, estas a dicir de forma indirecta que precisas e buscas contidos en galego, polo que podes influír en que creen a versión en galego se aínda non a teñen

Xa sabes porque; agora que o navegador fale por ti!

Que navegador usas?

  • Internet Explorer
  • Firefox
  • Opera
  • Chrome
  • Safari

Páxinas

  • Inicio
  • Internet Explorer
  • Firefox
  • Opera
  • Chrome
  • Safari
  • Navega!
  • Pon o bánner

Navega en galego

Entradas recentes

Estilo visual de WordPress de Wordpress Themes & made free by Internet Marketing Center

Edit here in the footer.php